VISITAS A LABORATORIOS

10:00 - 14:30

Vestíbulo do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Esta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial.

Durante a visita, as persoas asistentes poderán descubrir como estas instalacións contribúen a reforzar a ciberseguridade das organizacións, dos produtos e dos contornos industriais.

A visita inclúe un percorrido por ambos os laboratorios, onde se presentarán as súas principais capacidades e equipamento.

O día 6 de novembro, as visitas están reservadas a centros educativos que desexen asistir presencialmente. Os centros interesados en acudir ás visitas aos laboratorios o 6 de novembro deberán solicitalo poñéndose en contacto coa organización a través do correo electrónico inscricions-encontrocibergal [at] xunta.gal (inscricions-encontrocibergal[at]xunta[dot]gal) e indicando: nome do centro, curso, número de prazas e datos de contacto da persoa responsable do grupo.

Actividade unicamente en modalidade presencial.