17:00 - 19:00
Co obxectivo de fomentar unha boa educación dixital entre a cidadanía, durante as xornadas formativas abordarase esta temática desde varias perspectivas: riscos dun mal uso da tecnoloxía, bases dunha boa educación dixital (establecemento de horarios, límites, tempos para a desconexión dixital e comunicación e presenza), prevención e control a través do emprego de ferramentas e aplicacións para o control parental, e ofreceranse recomendacións e boas prácticas para unha boa educación dixital na casa.
Modalidade: Presencial