17:00 - 20:30
Este curso prepára ao alumnado para o exame CCSP de ISC2 que acredita a profesionais con profundos coñecementos e competencias derivados da experiencia práctica en seguridade cibernética, da información, do software e da infraestrutura de computación en nube.
16:30 - 21:30
Este programa avanzado ofrece unha comprensión profunda e especializada do marco normativo vixente en Europa e España en materia de protección de datos e seguridade da información, proporcionando ferramentas para a súa aplicación na contorna real.
16:00 - 21:00
Trátase dunha completa formación en Hacking Ético co obxectivo de facilitar ao alumnado puntos de partida sólidos en Hacking Ético, tanto a nivel sistemas en xeral (Windows ou UNIX), web, así como un alto nivel de especialización en ataques a redes Microsoft modernas.
16:30 - 20:00
No curso CompTIA PenTest+ presentaránse os conceptos xerais e as metodoloxías relacionadas coas probas de penetración e o alumnado realizará unha proba de penetración simulada para unha empresa ficticia.
17:00 - 20:30
Este curso recoñece as habilidades líderes en seguridade de aplicacións. Demostra aos/as empregadores/as e compañeiros/as que ten as habilidades técnicas avanzadas e os coñecementos necesarios para a autenticación, autorización e auditoría en todo o SDLC utilizando as mellores prácticas, políticas e procedementos establecidos polos expertos en ciberseguridade de ISC2.
16:30 - 20:30
O obxectivo deste seminario é presentar diferentes alternativas para a interconexión segura de redes a través de Internet. Para isto presentarase a tecnoloxía IPsec e amosarase como configurala en routers Cisco, plantexando diferentes alternativas.
09:30 - 19:30
SEC504 axúdalle a desenvolver as habilidades necesarias para levar a cabo investigacións de resposta a incidentes. Aprenderá a aplicar un proceso dinámico de resposta a incidentes ás ciberamenazas en evolución e a desenvolver intelixencia sobre ameazas para montar estratexias de defensa eficaces para plataformas na nube e locais.
16:30 - 20:30
Este curso proporciona unha visión xeral do que é a seguridade da identidade na actualidade, como evolucionou como disciplina a partir dos marcos de xestión de identidades e accesos (IAM) e gobernanza e administración de identidades (IGA), e describe o que podemos anticipar da próxima xeración de seguridade de identidades para as organizacións.
10:00 - 14:00
Esta xornada proporciona unha visión xeral do Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR), os seus principios e obrigacións, e analiza a súa relación co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) e a Directiva NIS2 en materia de ciberseguridade e cumprimento normativo.
16:30 - 20:30
A Xestión de Riscos constitúe un dos aspectos fundamentais da Xestión Organizacional e de Proxectos. O anticiparse ás ameazas e oportunidades que poden presentarse e coñecer a forma adecuada de xestionalos constitúe un factor crave para o éxito.