09:30 - 19:30
SEC504 axúdalle a desenvolver as habilidades necesarias para levar a cabo investigacións de resposta a incidentes. Aprenderá a aplicar un proceso dinámico de resposta a incidentes ás ciberamenazas en evolución e a desenvolver intelixencia sobre ameazas para montar estratexias de defensa eficaces para plataformas na nube e locais. Examinará as ameazas máis recentes para as organizacións, desde os ataques de "watering hole" ata o compromiso do correo electrónico empresarial, introducíndolle na mentalidade das/os atacantes e anticipándose aos seus movementos. SEC504 proporciónalle as habilidades que necesita para comprender como as/os atacantes exploran, explotan, pivotan e establecen persistencia en sistemas na nube e convencionais. Para reforzar estas habilidades e axudarlle a reter o material do curso, o 50% do tempo de clase dedícase a exercicios prácticos, utilizando ferramentas de asociación visual para desagregar temas complexos. Este curso, prepáralle para levar a cabo ciber investigacións e impulsará a súa carreira axudándolle a desenvolver estas habilidades tan demandadas. 33 laboratorios completos, 18 lightning labs e un evento inmersivo de captura a bandeira.