A través da campaña “A un click de axudarlles”, que é unha iniciativa da Asociación Europea para a Transición Dixital, coa participación da Axencia Española de Protección de Datos, preténdese concienciar ás familias dos riscos aos que se enfrontan as persoas menores de idade cando navegan por internet.
A iniciativa conta cun portal web no que se ofrece información útil para guiar aos menores na súa actividade en liña; contidos audiovisuais sobre a xestión da información, os medios de comunicación e o uso de dispositivos e a guía “A guía que non vén co móbil” da AEPD, que inclúe as dez claves que as familias deben ter en conta antes e despois de regalar un teléfono móbil.