Despois do éxito das edicións anteriores, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia deu comezo o día 3 de outubro en Ortigueira ás segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.
O programa, que leva por título Ciberseguridade, os teus primeiros pasos, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre a importancia da protección da información persoal, o uso que fan dela na nosa contra os atacantes, e os novos perigos emerxentes, como a desinformación.
Estas sesións, para algunhas das cales xa está aberta a inscrición (consultar ligazón), celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, a desinformación (bulos e noticias falsas) ou a protección fronte a ciberataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1'5 horas.