A chegada do Nadal trae consigo un notable incremento das compras en liña e tamén das tentativas de fraude que buscan aproveitar a actividade propia destas datas. Para axudar á cidadanía a anticiparse a estes riscos, a Amtega pon en marcha o novo ciclo formativo «Prepárate para un Nadal ciberseguro», que se desenvolverá en 22 aulas da Rede CeMIT.
Esta actividade ten como finalidade ofrecer ferramentas prácticas e fáciles de aplicar que permitan identificar as principais ameazas da tempada. Ao longo deste obradoiro práctico de hora e media de duración, as persoas participantes aprenderán a recoñecer ofertas falsas, evitar trampas asociadas ao Black Friday, detectar mensaxes fraudulentas e realizar compras en liña con maior seguridade. Ademais, trataranse aspectos clave para protexer dispositivos e xoguetes intelixentes, cada vez máis presentes entre os agasallos destas datas.
As sesións celebraranse de maneira presencial en diferentes aulas da Rede CeMIT, xa dispoñibles para a súa inscrición.
| Data | Hora | Provincia | Concello |
| 11/11/2025 | 11:30-13:00 | A Coruña | Abegondo |
| 18/11/2025 | 12:30-14:00 | Pontevedra | Valga |
| 19/11/2025 | 09:00-10:30 | A Coruña | Ames |
| 20/11/2025 | 17:30-19:00 | Lugo | O Vicedo |
| 21/11/2025 | 12:00-13:30 | A Coruña | Ribeira |
| 21/11/2025 | 11:00-12:30 | A Coruña | A Coruña |
| 24/11/2025 | 11:00-12:30 | Pontevedra | Vigo |
| 24/11/2025 | 17:00-18:30 | A Coruña | Vimianzo |
| 25/11/2025 | 12:15-13:45 | Pontevedra | Vilagarcía |
| 25/11/2025 | 10:30-12:00 | A Coruña | Fisterra |
| 26/11/2025 | 10:30-12:00 | A Coruña | Ortigueira |
| 01/12/2025 | 12:00-13:30 | A Coruña | San Sadurniño |
| 03/12/2025 | 17:00-18:30 | Pontevedra | Tui |
| 05/12/2025 | 10:00-11:30 | Pontevedra | Pontevedra |
| 10/12/2025 | 16:00-17:30 | Pontevedra | Cuntis |
| 12/12/2025 | 11:00-12:30 | Ourense | Leiro |
| 18/12/2025 | 10:15-11:45 | Lugo | Guitiriz |
| 19/12/2025 | 16:00-17:30 | Ourense | Celanova |
| 22/12/2025 | 11:00-12:30 | Pontevedra | O Porriño |
| 16/01/2026 | 11:00-12:30 | Pontevedra | A Cañiza |
| 09/12/2025 | 10:30-12:00 | Ourense | A Bola |
| Proximamente | Proximamente | Ourense | Bande |
Cada unha delas pode ser consultada na Axenda deste portal.