Eventos

09:00 - 14:00

Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela

O Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia organiza un encontro técnico en colaboración con CrowdStrike, no que fabricantes, expertos e usuarios compartirán coñecemento arredor das tendencias, solucións e casos de uso vinculados á ciberseguridade.

Todo o día

Edificio Fontán - Cidade da Cultura

A sexta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 4, 5 e 6 de novembro.

09:50 - 11:55

Sala 8 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Neste obradoiro estudaremos algunhas das vulnerabilidades presentes nos autómatas S7-1200 de Siemens, a súa explotación e medidas de prevención e mitigación

10:05 - 14:15

Sala de Eventos (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas relevantes e de actualidade no ámbito da ciberseguridade.

10:15 - 14:00

Vestíbulo do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Esta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial

12:20 - 14:20

Sala 10 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Obradoiro práctico baseado nun exercicio de simulación de roles especificamente deseñado para o contexto das Administracións Públicas. A actividade permitirá ás persoas participantes afrontar distintos escenarios e situacións reais, reforzando capacidades organizativas, de resposta e de toma de decisións ante incidentes de ciberseguridade

16:00 - 19:00

Sala 9 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

A actividade consiste nunha serie de retos deseñados para poñer a proba os coñecementos e habilidades das persoas participantes no ámbito da seguridade de sistemas e aplicacións

09:50 - 11:55

Sala 8 do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Neste obradoiro práctico abordarase o concepto de persistencia e a súa relevancia dentro da Cyber Kill Chain, combinando unha visión ofensiva e defensiva para comprender como os atacantes manteñen o acceso aos sistemas comprometidos e como as organizacións poden detectar e mitigar este tipo de técnicas

10:00 - 14:25

Sala Eventos (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas relevantes e de actualidade no ámbito da ciberseguridade

10:15 - 14:05

Vestíbulo do Edificio Fontán (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela)

sta visita é unha oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia especializados en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial