O sistema, cuxo tratamento de datos persoais é obxecto de sanción, foi empregado con máis de 31.000 universitarios nos exames do primeiro semestre do pasado curso, en xaneiro de 2022.
A Universitat Oberta de Catalunya alega que o sistema é proporcional e adecuado para verificar a identidade dos alumnos que se presentan ás probas de avaliación.
O sistema, obrigatorio para poder realizar os exames, requiría que o estudante capturase unha imaxe da súa cara para logo comparala coa do seu DNI. A foto tamén se usaba para comparala coas imaxes que se capturan mentres o estudante está a realizar o exame.
A UOC alegou nun primeiro momento que este sistema axuda a previr e detectar un posible fraude nas citadas probas de avaliación, e que á hora de realizar a matrícula, os estudantes eran informados deste tratamento. A maiores, tamén alega que o modelo de identificación biométrica “equivale a ensinar ao DNI na contorna presencial" e que implantou “medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir a súa seguridade e evitar a destrución, perda, acceso ou alteración ilícitas".
Como resultado do procedemento sancionador, a APDCat impón unha multa de 20.000 euros e que o sistema non sexa obrigatorio, ofrecendo aos estudantes unha alternativa, como por exemplo a avaliación presencial ou a avaliación oral síncrona. No caso de que os estudantes opten polo método que implicaría o recoñecemento facial, a APDCat esixe que a UOC lles requira asinar un documento de consentimento explícito.
A UOC indica que recorrerá á vía xudicial contencioso-administrativa.