Apertura de inscrición para novos cursos gratuítos de ciberseguridade ata o 18 de xaneiro

Imaxe

No mes de febreiro darán inicio seis novas formacións gratuítas de ciberseguridade, e de seguido se achega a información xeral de cada unha delas.

 

Curso Goberno de Ciberseguridade na Nube

O curso ofrece unha formación específica nos aspectos claves da ciberseguridade cloud ou da nube. Os obxectivos deste curso son:

  • Comprender os fundamentos, servizos e modelos de gobernanza específicos da ciberseguridade en contornas cloud
  • Aplicar marcos normativos, controis técnicos e boas prácticas para a xestión segura de servizos na nube
  • Desenvolver capacidades para a contratación, operación, auditoría e resposta ante incidentes en contornas multicloud e híbridos

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual
  • Número de prazas limitado a 16 prazas
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de xaneiro ás 19:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica
  • A duración do curso será de 46 horas
  • O curso desenvolverase do 2 ao 25 de febreiro co seguinte horario: de luns a mércores de 16:00 a 20:00 horas.

Máis información en: Curso Goberno de Ciberseguridade na Nube

 

SEC504: hacker tools, techniques and incident handling

O curso capacita ao alumnado para investigar e responder a incidentes de ciberseguridade mediante un enfoque práctico e avanzado, comprendendo as técnicas dos atacantes e desenvolvendo estratexias eficaces de defensa en contornas na nube e locais. O obxectivo deste curso é aplicar un enfoque dinámico á resposta ante os incidentes. Utilizando indicadores de compromiso, practicará os pasos para responder eficazmente as brechas que afectan a Windows, Linux e plataformas na nube.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual
  • Número de prazas limitado a 10 prazas
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de xaneiro ás 17:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela
  • A duración do curso será de 50 horas
  • O curso desenvolverase do 2 ao 7 de febreiro co seguinte horario: de luns a sábados de 09:00 a 17:00 h comezando o luns ás 08:30 h

Máis información en: SEC504: hacker tools, techniques and incident handling

 

CompTIA Security+

Este curso certificará se o alumnado posúe o coñecemento e as habilidades necesarias para instalar e configurar sistemas para asegurar aplicacións, redes e dispositivos; realizar análise de ameazas e responder con técnicas de mitigación apropiadas; participar en actividades de mitigación de riscos; e operar cunha conciencia das políticas, leis e regulamentos aplicables. Algúns obxectivos deste curso son:

  • Axudar a identificar ataques e vulnerabilidades para mitigalos antes de que se infiltren
  • Comprender os conceptos de virtualización segura, despregamento seguro de aplicacións e automatización
  • Identificar e aplicar os mellores protocolos e cifrado
  • Comprender a importancia do cumprimento de normativas

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual
  • Número de prazas limitado a 20 prazas
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de xaneiro ás 16:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica
  • A duración do curso será de 35 horas
  • O curso desenvolverase do 9 ao 20 de febreiro, cun horario de luns a venres de 16:30h a 20:00h

Máis información en: CompTIA Security+

 

Certified Ethical Hacker (CEH) v13

Este curso está estruturado en 20 módulos de aprendizaxe, abarcando máis de 550 técnicas de ataque e proporciónache o coñecemento fundamental para destacar como profesional da ciberseguridade. O obxectivo deste curso é ofrecer unha comprensión profunda das técnicas e ferramentas esenciais no hacking ético.

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual
  • Número de prazas limitado a 20 prazas
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 19 de xaneiro ás 17:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela.
  • A duración do curso será de 48 horas
  • O curso desenvolverase do 16 ao 27 de febreiro co seguinte horario: de luns a xoves de 16:00 a 21:00 h e os venres de 16:00 a 20:00 h

Máis información en: Certified Ethical Hacker (CEH) v13

 

Certified in Risk and Information Systems Control (CRISC)

O curso prepara ao alumnado para abordar a tecnoloxía emerxente, incluída a avaliación de riscos de IA e as mellores prácticas xerais para a xestión e mitigación de riscos relacionados coa ética e a gobernanza de datos de IA. Os obxectivos deste curso son:

  • Gobernanza: Establecer un marco para aliñar riscos con obxectivos empresariais
  • Avaliación: Identificar e analizar os riscos de TI e o seu impacto
  • Resposta: Deseñar estratexias para mitigar e xestionar riscos
  • Controis: Supervisar e optimizar controis de TI continuamente

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual
  • Número de prazas limitado a 16 prazas
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 22 de xaneiro ás 18:30 h realizarase unha proba de selección presencial no CNTG en Santiago de Compostela, que constará dunha proba técnica
  • A duración do curso será de 20 horas
  • O curso desenvolverase do 23 ao 27 de febreiro co seguinte horario: de luns a venres de 16:30 a 20:30 horas

Máis información en: Certified in Risk and Information Systems Control (CRISC)

 

ISACA Advanced in AI Security Management (AAISM)

O curso prepara ao alumnado para a certificación Avanzado en Xestión da Seguridade da Intelixencia Artificial (AAISM) de ISACA. Algúns obxectivos deste curso son:

  • Comprender os principios de goberno e xestión de programas de intelixencia artificial na organización
  • Identificar roles, responsabilidades e partes interesadas no uso seguro da IA
  • Analizar os riscos e oportunidades asociados á IA, así como definir límites aceptables e respostas ao risco
  • Avaliar o ciclo de vida dos activos e datos de IA, desde o seu deseño ata a súa retirada
  • Aplicar controis de seguridade, privacidade, ética e confianza específicos para sistemas de IA
  • Comprender a arquitectura e o deseño de seguridade de solucións de IA
  • Xestionar incidentes de seguridade relacionados con IA e asegurar a continuidade do negocio
  • Prepararse de forma estruturada para a superación do exame oficial AAISM de ISACA

Información xeral do curso:

  • Metodoloxía virtual
  • Número de prazas limitado a 16 prazas
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 21 de xaneiro ás 19:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela
  • A duración do curso será de 16 horas
  • O curso desenvolverase do 23 ao 26 de febreiro no seguinte horarios: de luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas

Máis información en: ISACA Advanced in AI Security Management (AAISM)

 

Todas estas formacións inclúen o diploma de asistencia e a opción gratuíta dun exame de certificación oficial.

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).