Apertura do prazo de inscrición para a xornada de protección avanzada contra ciberameazas con Microsoft Defender for EndPoint

Ata o 19 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para a xornada de protección avanzada contra ciberameazas con Microsoft Defender for EndPoint. 

O obxectivo desta xornada é dominar as funcionalidades crave de Microsoft Defender for EndPoint para implementar unha estratexia de protección proactiva, centrada na prevención, detección e resposta ante ameazas aos dispositivos corporativos. Esta xornada está dirixida a profesionais de seguridade, técnicos de sistemas, administradores IT e responsables de protexer dispositivos e datos fronte a ameazas avanzadas.

Información relevante da xornada de protección avanzada contra ciberameazas con Microsoft Defender for EndPoint:

  • Metodoloxía presencial.

  • O lugar de docencia será en Airas Nunes, s/n (Edif. CNTG) - CONXO - 15702 - Santiago de Compostela (A Coruña)

  • Número de prazas limitado a 232 

  • A duración da xornada será de 4 horas 

  • O curso desenvolverase o 20 de novembro en horario de 16:30 a 20:30

  • A xornada é gratuíta e dotarase dun diploma de asistencia

Para obter máis información sobre o curso, pódese acceder ao seguinte enlace da páxina web do CNTG, onde se atopa toda a información detallada e onde se poderá realizar a inscrición: Protección avanzada contra ciberameazas con Microsoft Defender for Endpoint

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).