Apertura do prazo de inscripción para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2 ata o 7 de decembro

Dende o 19 de novembro ata o 7 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para o curso gratuíto Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2. O curso prepara ao alumnado para o exame CCSP de ISC2 que acredita a profesionais con profundos coñecementos e competencias derivados da experiencia práctica en seguridade cibernética, da información, do software e da infraestrutura de computación en nube.

O obxectivo deste curso é poñer a proba as competencias dos alumnos nos seis dominios CCSP do Common Body of Knowledge (CBK) de (ISC2), que abarcan:

  • Conceptos de arquitectura e requisitos de deseño

  • Seguridade de datos na nube

  • Seguridade de infraestruturas e plataformas na nube

  • Seguridade de aplicacións na nube

  • Operacións

  • Legal & Compliance

Información relevante do curso Certified Cloud Security Professional (CCSP) - ISC2:

  • Metodoloxía virtual. 

  • Número de prazas limitado a 16 prazas.

  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 10 de decembro ás 16:30 h realizarase unha proba técnica presencial de selección no CNTG en Santiago de Compostela.

  • A duración do curso será de 35 horas. 

  • O curso desenvolverase do 26 de xaneiro ao 5 de febreiro co seguinte horario: de luns a venres de 17:00 a 21:00 e o último día de 17:00 a 20:00 h

  • A matrícula é gratuíta, inclúe o diploma de asistencia e a opción gratuíta do exame da certificación oficial CCSP - Certified Cloud Security Professional.

Para obter máis información sobre o curso, pódese acceder ó seguinte enlace da páxina web do CNTG, onde se atopa toda a información detallada e onde se poderá realizar a inscrición: Cursos - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Estas formacións gratuítas forman parte do investimento que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no marco do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade, no contexto do Programa RETECH. No proxecto do Centro participan as comunidades de Galicia, Cataluña e Valencia, estando liderado desde a rexión galega pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).