O Instituto Galego do Consumo é Competencia lanza unha convocatoria de axudas dirixidas a asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e divulgación sobre dúas materias: subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro.
A segunda liña de acción do programa de axudas, comercio electrónico seguro, está destinada a subvencionar programas de actividades orientados a sensibilizar, formar e divulgar, co obxectivo de que as persoas consumidoras adquiran un coñecemento adecuado sobre a importancia de realizar un uso seguro e correcto do comercio electrónico e as compras na internet. O propósito é proporcionar os coñecementos necesarios para tomar decisións informadas que garantan unha compra segura e satisfactoria. Desta forma, búscase reforzar a protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias ao acceder a servizos de comercio electrónico.