A Axencia Española de Protección de Datos e o Consello Xeral da Psicoloxía lanzan a campaña "Hai máis riscos na internet que na vida real".
A través dun vídeo, sobre o que se recomenda que cada familia valore a conveniencia de mostralo directamente aos ou ás menores, a iniciativa aborda problemas como a adicción ao móbil, o ciberacoso ou a exposición de datos persoais, promovendo un uso responsable da Internet.