Campaña 'Un de cada cinco delitos' do Ministerio de Interior

Imaxe

Baixo o título Un de cada cinco delitos, que fai referencia a que na actualidade xa un vinte por cento dos delitos se cometen a través das redes, e co lema Axúdanos a protexerte, o Ministerio de Interior lanza unha campaña de concienciación para mellorar o coñecemento e comprensión por parte da cidadanía dos riscos que representa a ciberdelincuencia.

Cada semana vanse publicar vídeos curtos en distintas redes sociais para informar sobre os delitos que se levan a cabo a través da internet. Deste xeito se pretende que os destinatarios conten con recursos para identificalos

As temáticas dos seis primeiros vídeos son as seguintes: suplantación por correo electrónico, fraudes mediante criptomoedas, falsas ofertas de emprego, fraudes no alugueiro, a estafa do amor e o phishing.

Información relacionada