“Cibercarracho” incorpórase ao Paseo das Palabras do Ano de Lugo

Imaxe

O ‘Paseo das Palabras do Ano’, en Lugo, rende homenaxe a estes vocábulos elixidos por votación popular, e xa incorporou a lousa que conmemora a palabra do ano de 2023: o ‘Cibercarracho’. 

A orixe do termo é fácilmente rastrexable ata o programa de divulgación lingüística ‘Dígocho Eu’, e máis concretamente na sección ‘CiberEsther’, que é froito da cooperación entre a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Televisión de Galicia. 

No acto de recoñecemento, o presidente da RAG, o escritor Víctor F. Freixanes, agradeceu a iniciativa do Concello de Lugo de fixar na rúa Menorca as voces escollidas nas votacións populares promovidas a través dunha iniciativa da que destacou precisamente a participación cidadá. Víctor F. Freixanes sinalou ademais que esta última, “cibercarracho” -neoloxismo de carácter coloquial que designa os ciberdelincuentes- é “proba da vitalidade do idioma”. “Exemplifica como dende o humor e a creatividade a lingua ten enerxía interna para darlles resposta ás novas realidades que nos toca vivir”, engadiu.

Información relacionada