O Nodo Galego de Ciberseguridade, Ciber.gal, celebrou o pasado 9 de xuño en Tecnópole, Ourense, a xornada Ciberseguridade aplicada: Protexendo as empresas galegas nun mundo dixital, organizada pola Amtega e o CPEIG.
O encontro reuniu expertos do ámbito tecnolóxico, empresarial e académico para presentar os avances da rede galega de laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade, así como as súas aplicacións para mellorar a protección das empresas fronte ás ameazas dixitais.
A programación incluíu relatorios sobre o proxecto RETECH, mesas de debate con representantes de entidades como Telefónica, Gradiant, ITG ou a Universidade de Vigo, e unha análise práctica sobre prevención e resposta ante ciberataques. A xornada concluíu cunha conferencia sobre o impacto da intelixencia artificial na ciberseguridade e cun espazo de networking entre os asistentes.
As persoas que non puideron asistir ao encontro, ou que desexen revisar os contidos abordados durante a xornada, poden acceder ás distintas ponencias a través da canle de YouTube de Ciber.gal na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=o7ThhdibKSI&list=PLUE1yR9vsBiw