Ciberseguridade na escola: alumnos dos Escolapios de Monforte gañan o concurso 'Ciberseguridade no cole'

Imaxe

A concienciación desde as escolas é fundamental para fomentar unha auténtica cultura da ciberseguridade na sociedade. No Colexio dos Padres Escolapios de Monforte téñeno claro e apostan por formar nestes contidos ao alumnado.

O equipo que presentaron ao concurso ‘Ciberseguridade no cole’, celebrado no marco do II Encontro Cibergal, resultou gañador nunha final moi disputada.

Ademáis de darlles os parabéns aos gañadores e a todos os participantes, é importante salientar que cada ano se inscriben máis colexios nesta iniciativa que achega a ciberseguridade á xuventude.

Información relacionada