Detectado o troyano ‘Fleckpe’ en varias aplicacións de edición fotográfica

Imaxe

Uno dos motivos polos que se recomenda non instalar aplicacións de orixes descoñecidas nos terminais móbiles é a posibilidade de que estas aplicacións conteñan ‘malware’. Supostamente, utilizar soamente as fontes autorizadas (Google Play, neste caso), protexe fronte a este tipo de ameazas.

Pero ás veces os controis fallan, e as aplicacións supostamente seguras conteñen sorpresas desagradables como o troyano ‘Fleckpe’, que aparentemente se dedica a subscribir ás súas vítimas a servizos de pago sen que se decaten (ata o momento de pagar, polo menos). 

Investigadores de Kasperski detectaron ata once aplicacións en Google Play de temática relacionada coa edición de fotografías ou fondos de pantalla que contiñan este malware, entre elas as seguintes: Beauty Slimming Photo Editor, Photo Effect Editor, Gif Camera Editor Pro, Night Cam Rea Pro, Microclip Vídeo Editor, Toolbox Photo Editor, H4KS Wallpaper e Beauty Camera Plus Photo Editor. 

Os países máis afectados son Tailandia, Polonia, Malaisia, Indonesia e Singapura, pero non se descarta a súa presenza en máis aplicacións e en máis países.

As recomendacións para defenderse destas ameazas, que poden chegar mesmo de fontes aparentemente seguras, son revisar sempre os permisos que se lle outorgan ás aplicacións e comprobar que se axustan ás funcións que teñen que desempeñar, e tamén contar cun antivirus que poida detectar polo seu comportamiento o malware que teña pasado outros filtros.

Información relacionada