A popular presentadora Esther Estévez transfórmase en CiberEsther para achegarnos en pequeñas pílulas, sempre cheas de humor, os conceptos básicos da ciberseguridade.
Tanto desde a televisión coma a través das redes sociais, Dígocho eu proporciona unha aproximación desenfadada pero rigorosa aos principáis perigos que agochan as redes, xunto coas técnicas e comportamentos para estarmos máis protexidos.
Esta serie de capítulos dedicados á ciberseguridade é froito da cooperación entre a Televisión de Galicia e a Xunta de Galicia, a través da Amtega, que proporciona asesoría técnica.