O pasado 9 de maio o BOE publicou unha modificación da LOPDGDD que incorpora varias novidades, entre as que destaca a motivada pola corrección de erros do RXPD publicada o pasado mes de marzo no Diario Oficial da Unión Europea que determina que non se pode considerar un apercibimento como unha sanción, dentro dos procedementos da AEPD.
A modificación tamén incorporou cambios motivados pola experiencia adquirida pola Axencia na tramitación dos procedementos e a publicación do seu Estatuto.
As modificacións máis relevantes da Lei son:
Respecto ao réxime sancionador para Administracións públicas, queda establecido nos seguintes termos:
“Cando os responsables ou encargados enumerados no apartado 1 cometesen algunha das infraccións ás que se refiren os artigos 72 a 74 desta lei orgánica, a autoridade de protección de datos que resulte competente ditará resolución declarando a infracción e establecendo, no seu caso, as medidas que proceda adoptar para que cese a conduta ou se corrixan os efectos da infracción que se cometeu, con excepción da prevista no artigo 58.2.i do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016”.