Escape Room de ciberseguridade do CCN

Imaxe

O Centro Criptolóxico Nacional (CCN) lanzou unha nova iniciativa, para a formación en ciberseguridade da cidadanía, coa creación dunha sección de gamificación dentro do seu portal de formación, captación e talento: Ángeles.

Dentro desta sección atópase un escape room dun ataque de tipo ransomware. Neste xogo o usuario ten como misión salvar á organización do roubo de información e, para iso, terá que resolver enigmas, descifrar pistas e tomar certas decisións... todo en menos dunha hora.

Esta experiencia inmersiva permitirá aos usuarios entender a gravidade das ameazas de ransomware e a importancia da ciberseguridade nunha contorna de aprendizaxe interactiva e emocionante.

A iniciativa representa un avance na forma de ensinar e aprender no ámbito de ciberseguridade, ao proporcionar un enfoque interactivo, intuitivo e efectivo para adquirir coñecementos e habilidades.

Información relacionada