Finalizan as primeiras accións formativas nas Aulas CeMIT para sensibilizar contra as noticias falsas e ciberataques

Imaxe

Durante o segundo semestre de 2022, máis de 150 persoas de 11 concellos de toda Galicia (máis dúas sesións retransmitidas en liña, unha de comenzo e outra de peche) acudiron a estas charlas promovidas desde a Amtega e desenvolvidas de maneira presencial na Rede de Aulas CeMIT.

A pesar de estar pensadas para un público de perfil sénior, na maioría das convocatorias contouse con participantes de diferentes idades. Dunha maneira dinámica, participativa e práctica, o obxectivo era dar a coñecer os riscos que nos axexan cada vez que nos conectamos á rede, compartimos contido ou consultamos información. 

Neste sentido, abordábanse as principais ciberestafas (phishing, compras fraudulentas na rede, alugueiros vacacionais, compravenda de produtos, sextorsión…) identificando aqueles mecanismos de detección e defensa que nos axudan a previlas e fan que esteamos máis protexidos.

Estas accións formativas han gozado dunha gran acollida e os asistentes deixaron constancia da súa satisfacción coa temática, co enfoque e desenvolvemento das mesmas, e coa dinámica elixida polo formador, que incluía a análise de casos reais.

O éxito obtido conduce a que a Amtega vaia a repetir os ciclos de sensibilización, mantendo a colaboración coas aulas CeMIT ao longo do ano 2023. Informarase a través desta canle cando se dispoña dos datos do novo ciclo.
 

Información relacionada