Formación en Ciberseguridade nas Aulas CeMIT en Fisterra

Imaxe

A derradeira semana de novembro impartiuse en Fisterra unha sesión correspondente ao terceiro ciclo formativo en ciberseguridade que a Amtega ten posta en marcha a través da Rede de Aulas CeMIT para achegar esta disciplina á cidadanía.

O primeiro ciclo comezou en 2022, e ante a boa acollida decidiuse a súa continuidade en 2023, cun segundo e mesmo un terceiro ciclo que deixarán un total de 44 sesións neste ano en Aulas CeMIT de toda Galicia.

A acollida, tanto en xeral como en particular nesta sesión de Fisterra, vén sendo excelente. Os e as asistentes destacan tanto o interese dos contidos como o bo facer do persoal encargado de impartir estas sesións.

Información relacionada