Formación gratuíta en ciberseguridade orientada ás necesidades das persoas maiores

Imaxe

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderase ata o mes de maio baixo o lema “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” e desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 23 concellos de toda Galicia. 

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.

Pódese consultar o calendario e ubicación das sesións formativas na seguinte ligazón: Ciberseguridade, os teus primeiros pasos.

Información relacionada