Hacking ético sobre un satélite artificial da Axencia Espacial Europea

Imaxe

Nun marco mundial no que a intelixencia estadounidense acusa á China de estar a traballar en desenvolver a capacidade de tomar o control de satélites artificiais doutros países, a Axencia Espacial Europea pon en marcha un banco de probas de satélites e convida a expertos en hacking ético a tentar tomar o control dun nanosatélite durante a terceira edición de CYSAT, o evento europeo dedicado á ciberseguridade para a industria espacial.

O satélite OPS-SAT, de apenas 30 cm. de altura, está equipado cun computador experimental dez veces máis potente que os utilizados por calquera nave espacial actual da ESA, o que non foi obstáculo para que os expertos de Thales chegasen a "tomar  o control do sistema utilizado para administrar o sistema de posicionamento global da carga útil, o sistema de control de posicionamento do propio satélite e a cámara a bordo" segundo a súa propia declaración, operacións que farían perder o control lexítimo dun satélite operativo.

Ademais, tras acceder ao sistema do satélite, logrouse obter o control da súa contorna de aplicación. O equipo identificou e explotou varias vulnerabilidades nos sistemas e aproveitounas para inxectar código malicioso. Os expertos puideron comprometer os datos enviados á Terra, incluídas as imaxes capturadas pola cámara do satélite.

Información relacionada