Multa de 1.200 millóns de euros das autoridades da UE a Meta (Facebook)

Imaxe

O Regulamento Xeral de Protección de Datos, que impón a nivel europeo os requisitos para garantir os dereitos da cidadanía respecto á recollida e tratamento de datos persoais, prohibe no seu artigo 46.1 as transferencias de datos persoais a países ou organizacións internacionais que non xustifiquen un nivel de protección adecuado.

Foi a Comisión de Protección de Datos de Irlanda (DPC) a que determinou que Meta estaba a incumprir o RXPD ao transferir datos persoais aos EEUU sen garantir os dereitos dos usuarios, e por tanto impón unha multa de 1.200 Millóns de Euros a esta compañía. Ademais ordenouse que todas as transferencias de datos que violen o Regulamento sexan suspendidas dentro dos cinco meses posteriores á decisión, e que Meta deixe de procesar ou reter calquera dato transferido ilegalmente da UE aos Estados Unidos.

Meta considera que a multa é inxusta, innecesaria e desproporcionada, e planea apelar o fallo. A súa resposta produciuse a través dunha publicación nun blogue corporativo, e nela alégase que as transferencias internacionais de datos son de crucial importancia para a continuidade do seu negocio, e prevé un impacto severo sobre os seus servizos en Europa.

Información relacionada