Multa millonaria a Amazon por violación da privacidade

Imaxe

A Oficina de Protección ao Consumidor da Comisión Federal de Comercio de Estados Unidos, acuou a Amazon de violar o dereito á privacidade dos nenos e de "enganar aos pais, conservar indefinidamente as gravacións dos nenos e burlarse das peticións de borrado dos pais". Ademais de non atender ás solicitudes dos pais, as gravacións eran empregadas sen consentimento, e por tanto de maneira ilegal, para adestrar o algoritmo de Alexa. Por este motivo, a compañía comprometeuse a pagar uns 23 millóns de euros á Comisión Federal de Comercio estadounidense. 

Ademais, a división de alarmas e videoporteiros de Amazon, Ring, tamén terá que pagar unha multa duns 5,5 millóns de euros por ofrecer ao seu traballadores acceso ilimitado aos datos persoais dos clientes, incluíndo nesta categoría as imaxes recollidas polos dispositivos de vixilancia. Segundo a información dispoñible, Amazon permitiría a "miles de empregados e contratistas" ver gravacións dos espazos privados dos clientes, o que supón unha vulneración grave do dereito á privacidade.

Información relacionada