Novo informe do CCN para xestión de ciberincidentes en Entidades Locais

Imaxe

O informe ten a finalidade de servir de guía para que as Entidades Locais poidan deseñar, desenvolver e implantar un modelo de xestión de crise que complemente e mellore as capacidades de que xa dispuxesen respecto a prevención de riscos, seguridade e continuidade dos servizos.

Deste xeito preténdese mellorar a resiliencia das Entidades Locais, mellorando o seu control sobre todas as fases dos incidentes: prevención, preparación, detección, resposta, recuperación e aprendizaxe.

A Guía mostra un método para a xestión das crises cando ocorren. Céntrase na resposta e para iso presta especial atención aos elementos crave que deben prepararse con antelación e que configuran as capacidades para responder adecuadamente a un incidente de alto impacto.
 

Información relacionada