O director da Amtega participa nunha xornada sobre os retos e ameazas da ciberseguridade para as administracións locais organizada pola Deputación da Coruña

Imaxe

O director da Amtega, Julián Cerviño Iglesia, participou o pasado 15 de abril nunha xornada sobre os retos e ameazas da ciberseguridade para as administracións locais organizada pola Deputación da Coruña, socia fundadora do Nodo galego de ciberseguridade, CIBER.gal.

Na súa intervención, o director da Amtega, enfatizou a importancia de "afrontar a transformación dixital e os retos da ciberseguridade de forma coordinada" e destacou o "papel clave" das administracións locais para conseguilo.

Así mesmo, o director indicou que, ante o aumento constante dos ciberataques, “as plataformas de seguridade da administración autonómica han bloqueado máis de 167 millóns de ataques o ano pasado”.

Ademais, a xornada contou coa participación do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Avance Dixital, José Ramón Rioboo, co conselleiro do Consello de Contas de Galicia, Simón Rego Vilar, coa alcadesa de Teo, Lucía Calvo, e co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

A xornada, á que asistiron alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia da Coruña, tivo como obxectivo concienciar aos gobernos locais sobre a necesidade de ter en conta a ciberseguridade como un ámbito organizacional clave e que permita, entre outras cousas, contar cunha infraestrutura robusta ante os ciberataques.

Para máis información sobre a xornada e as intervencións dos participantes, consulte a seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?ide_evento=23577