Xornada sobre ciberseguridade na administración local: ameazas e retos de goberno

Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO) da Coruña
Caducado
Imaxe

Os ciberataques que sufriron nos últimos meses diversas entidades locais alertan da crecente ameaza á que nos enfrontamos no mundo dixital e da necesidade urxente de fortalecer as defensas contra ela. É por iso que a Deputación da Coruña, entidade fundadora do Nodo CIBER.gal, organiza esta xornada, dirixida aos máximos responsables das entidades locais da provincia para analizar e poñer en común as ameazas e retos de goberno aos que nos enfrontamos e poder así garantir a seguridade da información da cidadanía e a continuidade na prestación dos servizos públicos.

Para isto cóntase coa participación da Xunta de Galicia e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa intervención de Julián Cerviño, director da Amtega, na inauguración da xornada. Trasladarán, entre outras cousas, as medidas adoptadas a nivel autonómico e a necesidade de colaboración con iniciativas como as do Nodo Ciber.gal.

Tamén participará o Consello de Contas de Galicia, que expoñerá as iniciativas que está a levar a cabo no ámbito da seguridade da información e a protección de datos de carácter persoal.

Información relacionada