O INCIBE e a UNED poñen en marcha a 2ª Edición do Curso de Experto Profesional en Ciberseguridade

Imaxe

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) veñen de publicar a convocatoria da segunda edición do Curso de Experto Profesional en Ciberseguridade. Trátase dunha actividade formativa de 375 horas de duración (175 horas de teoría e 100 de práctica), dirixida a persoas interesadas en formar e concienciar en materia de ciberseguridade, que se desenvolverá entre os meses de abril e novembro. Ao remate da formación, as persoas que a superen recibirán un diploma acreditativo. Ademáis, este curso ten recoñecidos 15 créditos ECTS (ECTS (European Credit Transfer System).

O principal obxectivo do curso é proporcionar unha formación óptima a posibles formadores cuxa misión é colaborar no traballo de concienciación para elevar os niveis de cultura de ciberseguridade nacional entre os colectivos máis vulnerables: nenos e nenas, mocidade, pais e nais, profesionais da educación, persoas maiores ou outros colectivos sociais que o poidan precisar. O curso proporcionará os coñecementos e habilidades necesarias para exercer esa función.

En canto á súa metodoloxía, trátase dunha formación a distancia, coa titoría directa do profesorado do curso. O alumnado terá á súa disposición un servizo de consultas mediante correo electrónico, foros temáticos, chamadas telefónicas e visita persoal cos profesores do curso. Adicionalmente o equipo docente pode organizar diferentes obradoiros asociados á formación de maneira virtual mediante as ferramentas de webconferencia dispoñibles, coa posibilidade de asistir de maneira presencial en base ao aforo establecido e as circunstancias do momento.

A solicitude de matrícula pode xestionarse en liña a través do portal da UNED.

Información relacionada