A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o día 28 de marzo a segunda edición deste ciclo formativo.
A asistencia é gratuita e as sesións están orientadas a proporcionar información sobre ciberseguridade, especialmente ás persoas maiores. A inscrición pode realizarse desde o portal da Rede CeMiT ou de xeito presencial nas aulas dos seguintes concellos: A Cañiza, Fisterra, Ribeira, Leiro, O Barco, Abegondo, Ortigueira, Monforte, Cuntis, Celanova, Cerceda, Tomiño, Ribadeo, Quiroga, A Fonsagrada, Betanzos e Pontevedra, e tamén no Gaiás Tech.