O pasado 9 de maio celebrouse unha nova edición dos talleres ‘Seguro co teu móbil’, impartidos por persoal da Policía Nacional dentro do 'Plan Maior Seguridade'. Nesta ocasión impartíronse cincuenta talleres en toda España co obxectivo de dotar de maior coñecemento e seguridade á hora de acceder a servizos dixitais ás persoas maiores que estivesen interesadas.
Ademais de para dotar de maior autonomía na súa vida diaria a quen asiste a estes talleres, estas accións tamén deben servir para concienciar de que unha fracción importante da sociedade, ata un 10%, está en risco de exclusión dixital por descoñecemento ou mesmo por temor, o que lles vai impedindo utilizar servizos que cada vez se desenvolven máis ou achegan máis funcionalidades nas súas versións dixitais, como poden ser os bancarios, os que xestionan o acceso aos distintos sistemas de saúde do estado, as compras en liña ou simplemente as redes sociais.
Os talleres están a ter moi boa acollida e valoración por parte das persoas asistentes. Están previstas novas edicións, de momento o 23 de maio e os días 13 e 27 de xuño, ás que as persoas interesadas poden inscribirse xa desde esta ligazón, na que poderán ademais consultar os lugares onde se van a impartir os talleres e ver as prazas dispoñibles (varios deles terán lugar en Galicia).