Tendo en mente as leccións que deixou a pandemia de COVID 19 na Unión Europea, ven de ser elaborado e promulgado o Regulamento (UE) 2025/327 do Parlamento Europeo e do Consello, que establece o marco para a creación do Espazo Europeo de Datos de Saúde (EEDS), que incidirá tanto sobre a prestación de asistencia sanitaria directa como sobre a investigación, a innovación e a formulación de políticas.
O regulamento aplicarase aos datos de saúde con formato electrónico na Unión Europea, e o seu obxectivo é garantir que as persoas teñan acceso fácil e control sobre os datos referentes á súa saúde, promovendo a interoperabilidade e seguridade en toda a UE.
Establécese ademais a creación de autoridades nacionais de saúde dixital en cada Estado membro para supervisar a implementación e cumprimento. Os Estados membros deberán presentar informes regulares sobre a implementación e o funcionamento do EEDS nos seus territorios.
Prevense sancións administrativas e financeiras para incumprimentos coas obrigas establecidas no regulamento, cun importe máximo de 20.000.000€ ou ata o 4% da facturación anual no caso de grandes compañías.
En resumo, establécese un marco integral para a xestión dos datos de saúde electrónicos na UE, co obxectivo principal de mellorar a asistencia sanitaria, garantindo ao mesmo tempo a protección e proporcionando control á cidadanía.