Sendo a ciberseguridade uno dos grandes nichos de oportunidades laborais para os próximos anos (soamente en España o Incibe calculaba un déficit de 83000 profesionais para 2024), a presenza feminina nesta área segue sendo escasa, e máis se se comparan as cifras españolas coas mundiais, dado que a nivel global xa un de cada catro postos na área corresponde a mulleres.
Nos niveis máis altos séguese constatando menor presenza feminina: unicamente un 17% das empresas Fortune 500 confían o posto de maior responsabilidade en ciberseguridade (CISO) a mulleres.
En España tan só un 14% dos postos de analistas de ciberseguridade están ocupados por mulleres, e a cifra redúcese a un 7% nos perfís de enxeñería de ciberseguridade.
As causas deste desequilibrio son múltiples, pero a solución probablemente pase por incentivar as vocacións femininas desde as primeiras etapas formativas, e divulgar mellor a traxectoria das mulleres que xogan papeis moi relevantes a nivel mundial, como Eva Chen ou Jaya Balooen ciberseguridade, ou as das referentes galegas e españolas en Intelixencia Artificial Verónica Bolón e Amparo Alonso.
Non podemos pechar este artigo sen facer referencia á asociación Women4Cyber, cuxo obxectivo é “converterse nun referente no impulso e visibilización do papel da muller en ciberseguridade en España”.