Presentación de solicitudes para inscrición á VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur

Imaxe

A actividade está enmarcada dentro do Protocolo Xeral de actuación entre a Dirección Xeral da Garda Civil e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para a coordinación e ou impulso de actividades formativas en materia de ciberseguridade, no que se recolle o desenvolvemento de varias accións de formación e información dentro do campo da ciberseguridade.

A CiberLiga de la Guarda Civil é unha competición de ciberseguridade para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades en seguridade informática a través de desafíos e probas en entornos controlados.

Esta convocatoria, na modalidade preamateur, vai dirixida ao alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos de Galicia. As actividades terán lugar no primeiro e segundo trimestre do curso 2024-25.

Os centros interesados teñen de plazo ata o 24 de xullo para presentar as súas solicitudes.

Máis información: