Programa de Capacitación: Conéctate de xeito seguro

Imaxe

Calquera organización, independentemente do seu sector ou tamaño, está suxeita a sufrir algún tipo de ciberataque con consecuencias potencialmente devastadoras. 

As grandes compañías dispoñen de persoal e recursos específicos para implantar medidas técnicas e procedementos que minimicen tanto a probabilidade de sufrir un ataque como as consecuencias en caso de que algún chegue a materializarse. Pola contra, as PEMEs ou as persoas traballadoras autónomas soen dispor de recursos máis limitados e poden estar máis expostas. 

Esta serie de sesións formativas ofrece coñecementos prácticos e ferramentas accesibles para que as PEMEs melloren a súa ciberseguridade.

A acción formativa distribúese en cinco sesións en liña de dúas horas cada unha ao longo do mes de outubro, os días 1, 8, 15, 22 e 29 de 16:30 a 18:30. Tras finalizar o curso celebrarase unha sesión de titoría presencial (pendente de definir ubicación), tamén orientada a fomentar o networking entre os participantes.

As prazas son limitadas: máximo 15 participantes por orde de inscrición.

Información relacionada