O uso do teléfono móbil converteuse nunha ferramenta esencial na vida cotiá, tanto para comunicarse como para navegar, realizar xestións ou facer compras en liña. Este aumento do seu uso tamén leva consigo maiores riscos relacionados coa seguridade e coa protección dos datos persoais. Co obxectivo de axudar á cidadanía a empregar estes dispositivos con maior confianza, a Rede CeMIT pon en marcha o novo ciclo formativo «Uso seguro do móbil: configuración e protección».
Esta actividade está orientada a mellorar a seguridade e a confianza das persoas usuarias no uso diario do teléfono móbil. A través dun enfoque práctico e accesible, as persoas participantes aprenderán pautas sinxelas para protexer o dispositivo e a información persoal, recoñecer situacións de risco e previr posibles fraudes.
Ao longo desta formación abordaranse os principais riscos asociados ao uso do móbil e ofreceranse recomendacións para configurar correctamente o dispositivo, manter o sistema actualizado e descargar aplicacións de forma segura. Ademais, explicaranse aspectos clave como a xestión dos permisos, o uso das conexións sen fíos e a identificación das fraudes máis habituais, entre elas o phishing, as mensaxes e chamadas fraudulentas, entre outras.
Tamén se proporcionarán pautas claras para saber como actuar ante posibles problemas de seguridade ou no caso de perda do dispositivo reforzando así a capacidade das persoas participantes para responder ante incidentes e manter protexida a súa información.
As sesións celebraranse de maneira presencial en diferentes aulas da Rede CeMIT, xa dispoñibles para a súa inscrición.
| Nome da aula | Data | Hora | Provincia | Concello | Inscrición |
| Guitiriz | 30/04/2026 | 10:30-12:00 | Lugo | Guitiriz | Pendiente |
| Ortigueira | 21/04/2026 | 10:30-12:00 | A Coruña | Ortigueira | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54450 |
| Betanzos | 18/05/2026 | 10:30-12:00 | A Coruña | Betanzos | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54395 |
| Abegondo | 30/04/2026 | 10:00-11:30 | A Coruña | Abegondo | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54463 |
| O Vicedo | 18/05/2026 | 18:30-20:00 | Lugo | O Vicedo | Pendiente |
| Riotorto | 15/05/2026 | 17:30-19:00 | Lugo | Riotorto | Pendiente |
| Eirís | 15/05/2026 | 16:30-18:00 | A Coruña | Eirís (A Coruña) | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54401 |
| Vigo | 08/05/2026 | 10:30-12:00 | Pontevedra | Vigo | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54416 |
| Cuntis | 20/05/2026 | 11:00-12:30 | Pontevedra | Cuntis | Pendiente |
| Catoira | 27/04/2026 | 12:00-13:30 | Pontevedra | Catoira | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54467 |
| Ponteareas | 04/05/2026 | 17:00-18:30 | Pontevedra | Ponteareas | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54430 |
| Leiro | 15/05/2026 | 11:00-12:30 | Ourense | Leiro | Pendiente |
| Pontevedra | 07/05/2026 | 10:00-11:30 | Pontevedra | Pontevedra | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54446 |
| Sada | 05/05/2026 | 10:30-12:00 | A Coruña | Sada | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54474 |
| Celanova | 04/05/2026 | 11:00-12:30 | Ourense | Celanova | Pendiente |
| Campo Lameiro | 11/05/2026 | 9:30-11:00 | Pontevedra | Campo Lameiro | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54413 |
| Ribeira | 24/04/2026 | 10:30-12:00 | A Coruña | Ribeira | Pendiente |
| A Cañiza | 13/05/2026 | 10:00-11:30 | Pontevedra | A Cañiza | Pendiente |
| Brión | 08/05/2026 | 10:30-12:00 | A Coruña | Brión | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/54426 |
| Cerceda | 13/05/2026 | 11:30-13:00 | A Coruña | Cerceda | Pendiente |
| Fisterra | 14/05/2026 | 10:30-12:00 | A Coruña | Fisterra | Pendiente |
| Vilagarcía | 14/05/2026 | 10:00-11:30 | Pontevedra | Vilagarcía | Pendiente |
Cada unha delas pode ser consultada na Axenda deste portal.