Relación de centros educativos seleccionados para a Ciberliga da Garda Civil

Imaxe

Vénse de publicar a resolución definitiva do 2 de outubro de 2023 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa educativo V CiberLiga 2023 modalidade preameateur durante o curso 2023/24.

Este programa está dirixido ao alumnado de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Ten como obxectivos impulsar a difusión da cultura de ciberseguridade, concienciar nesta materia desde un enfoque real e práctico, así como contribuír ao desenvolvemento da Estratexia de Convivencia Escolar 2025.

Información relacionada