Seminario Uso de IA Xenerativa en procesos de Ciberseguridade (SSDLC)

Imaxe

Desde o 30 de xuño ata o 7 de xullo estará aberto o prazo de inscrición para o seminario gratuíto Uso de IA Xenerativa en procesos de Ciberseguridade (SSDLC)

O relator da xornada será Rodrigo Rey Duarte, Graduado en Enxeñería informática na Universidade de Santiago de Compostela, con especialización no Ciclo de Vida de Desenvolvemento Seguro. Actualmente é Lead Architect da área de Data Ciberseguridade de NTTData.

Obxectivos:

  • Dar unha breve Introdución ao concepto de IA Xenerativa e dificultades asociadas.
  • Repasar posibles casos de uso da IA Xenerativa nos procesos.
  • Repasar consideracións á hora de incluír este tipo de tecnoloxías aos procesos.
  • Mostrar un caso de uso concreto no que se aplica a solución de IA Xenerativa para a análise de seguridade.
  • Axudar a comprender a importancia da incorporación de novas tecnoloxías aos procesos co obxectivo de avanzar cara a unha eficiencia operativa.

Dirixido a:

Profesionais de áreas funcionais interesados na adquisición de coñecementos básicos de implantación de IA Xenerativa nos procesos do ciclo de vida do desenvolvemento seguro.