Talleres de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

Imaxe

Durante o curso académico 2024–2025, a Amtega impulsou a realización de obradoiros presenciais nos centros educativos galegos co obxectivo de sensibilizar ao alumnado sobre o uso responsable de Internet e das redes sociais, así como sobre a importancia de manter unha pegada dixital segura e positiva.

Ao longo do curso académico impartíronse un total de 249 obradoiros en 199 centros educativos de toda Galicia, cunha participación de 6.740 estudantes.

A formación estivo dirixida principalmente ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e de FP Básica dos centros dependentes da Consellería de Educación. O contido dos obradoiros centrouse en:

  • Comprender que é a pegada dixital e como se forma.
  • Identificar riscos asociados á sobreexposición de datos persoais.
  • Aprender a configurar a seguridade e a privacidade en redes sociais como WhatsApp, Instagram, TikTok e BeReal.
  • Fomentar prácticas seguras e responsables do uso das TIC.

A metodoloxía foi participativa e práctica, con actividades adaptadas ao nivel do alumnado, exemplos reais e exercicios aplicables ao seu día a día.

A Amtega impulsará, durante o próximo curso académico 2025-2026, unha nova convocatoria de iniciativas de concienciación no ámbito educativo. Unha vez se dispoña da información completa, publicarase a través desta canle.