Volve ás aulas CeMIT o taller ‘Ciberseguridade, os teus primeiros pasos’

Imaxe

 

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) volve ofertar o ciclo de accións formativas sobre ciberseguridade que se desenvolverá nas aulas CeMIT de 20 concellos de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ás persoas maiores, sobre a importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderanse ata o mes de maio, baixo o lema Ciberseguridade, os teus primeiros pasos e desenvolveranse de xeito presencial.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Abegondo, A Caniza, A Bola, Brión, Catoira, Celanova, Cuntis, A Fonsagrada, Eirís (A Coruña), Fisterra, Guitiriz, Leiro, O Porriño, Ortigueira, O Vicedo, Pontevedra, Ribeira, San Sadurniño, Valga, Vigo e Vimianzo.

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.

Estas son as sesións previstas:

Data Hora Provincia Concello

28/03/2025

11:00-12:30 A Coruña A Coruña (Eirís)

09/04/2025

10:00-11:30 Pontevedra Valga

21/04/2025

16:00-17:30 Ourense Celanova

25/04/2025

10:00-11:30 Pontevedra O Porriño

29/04/2025

11:00-12:30 Pontevedra Vigo

07/05/2025

10:00-11:30 Pontevedra Pontevedra

09/05/2025

10:30-12:00 Pontevedra Catoira

09/05/2025

10:30-12:00 Pontevedra A Cañiza

14/05/2025

11:00-12:30 A Coruña San Sadurniño

15/05/2025

10:30-12:00 A Coruña Abegondo

20/05/2025

10:30-12:00 Lugo Guitiriz

21/05/2025

17:30-19:00 Lugo O Vicedo

29/05/2025

10:30-12:00 A Coruña Fisterra

30/05/2025

11:00-12:30 A Coruña Ribeira

02/06/2025

16:30-18:00 Pontevedra Cuntis

05/06/2025

16:00-17:30 Pontevedra Marín

05/06/2025

16:00-17:30 Lugo A Fonsagrada

09/06/2025

10:30-12:00 Ourense Leiro

12/06/2025

11:00-12:30 A Coruña Ortigueira

20/06/2025

11:00-12:30 A Coruña Brión

25/06/2025

10:30-12:00 A Coruña Vimianzo

Cada unha delas pode ser consultada na Axenda deste portal.