Volve 'Navega con Rumbo', formación en Ciberseguridade para a mocidade

Imaxe

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia reanudan a actividade Navega con Rumbo, unha actividade que xa foi distinguida pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) co Premio ás Boas Prácticas Educativas en Privacidade e Protección de Datos Persoais para un Uso Seguro de Internet polos Menores. 

O programa chega á súa undécima edición, e o seu obxectivo é instruir ao alumnado en prácticas de uso seguro das redes e previr que sexan vítimas do ciberacoso ou outros riscos da rede. Nesta tarefa tamén se involucra a profesorado e familias.

O CPEIG desenvolverá unha nova web para dar soporte ao proxecto con información de interese para a comunidade educativa, e elaborará unha Guía de Boas Prácticas en Internet en soporte dixital, que tamén se distribuirá en formato impreso nos centros educativos.

Información relacionada