O Informe de Intelixencia de Ameazas OT – II do Observatorio de Ciberseguridade Industrial ofrece unha análise estruturada do panorama actual de ameazas con impacto potencial sobre contornos industriais (ICS/OT), combinando intelixencia especializada, análise de actores de ameaza e recomendacións orientadas á resiliencia operativa.
Co obxectivo de atender a crecente demanda de profesionais especializados en ciberseguridade por parte do tecido empresarial galego, a Xunta continúa reforzando a oferta formativa dos cursos de especialización en ciberseguridade IT e OT no ámbito da Formación Profesional. Para o curso 2026-27 impartiranse un total de 14 cursos de especialización, que suman 340 prazas dispoñibles distribuídas entre as modalidades presencial e a distancia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebrará o próximo 15 de xuño de 2026 unha xornada centrada na preparación das empresas ante os desafíos da ciberseguridade industrial
A sesión terá lugar entre as 9:30 e as 11:30 horas na sede de AEVA – Casa Grande de Viloira, situada na Avenida Otero Pedrayo, 11, no Barco de Valdeorras (Ourense).
A asistencia é gratuíta, aínda que o aforo é limitado e require inscrición previa
«Preparando ás PEMEs galegas para os novos desafíos: ciberseguridade e cumprimento normativo» é una iniciativa que ten como finalidade concienciar e capacitar ao tecido empresarial galego en materia de ciberseguridade principalmente ofrecendo sesións formativas e divulgativas que dean resposta ás necesidades reais das PEMEs en relación coa protección da información, o cumprimento normativo e os novos retos tecnolóxicos.
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) vén de publicar unha nova convocatoria de axudas á transformación dixital das pemes galegas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Entre as actuacións subvencionables inclúense proxectos específicos de ciberseguridade para a operación dixital da empresa
A incorporación da intelixencia artificial aos ámbitos da gobernanza, a xestión do risco e o cumprimento normativo avanza a gran velocidade. Cada vez máis organizacións empregan asistentes intelixentes para analizar normativas, avaliar riscos, revisar evidencias, xestionar terceiros ou apoiar procesos de auditoría e cumprimento.
«Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros» é unha experiencia que combina o visionado dun documental cunha sesión formativa posterior na que exploraremos os retos do mundo dixital actual.
«Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtros» é unha experiencia que combina o visionado dun documental cunha sesión formativa posterior na que exploraremos os retos do mundo dixital actual.