A terceira edición do Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal, celebrarase os días 02 e 03 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán.
Imaxe

Organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, é o evento de referencia en materia de ciberseguridade en Galicia, que aglutina a expertos na materia e divulgadores profesionais. Ademais, acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega, contando na última edición con máis de 40 entidades participantes e máis de 1.700 inscricións.
Sorteos entre todos os asistentes presenciais!
Cando?
- 2 e 3 de novembro de 2023
Onde?
- Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Fontán
Para quen?
- Administracións públicas locais, autonómicas e nacionais
- Empresas, profesionais e emprendedores do sector da ciberseguridade
- Persoal de entidades académicas e de investigación
- Cidadanía: familias, centros educativos, estudantes, escolares e persoas interesadas en coñecer máis de preto o sector
Programa do III Encontro Ciber.gal
Programa:
02 de novembro de 2023
- Mañá 10:00 - 10:25 | Benvida institucional
- Mañá 10:25 a 14:00 | Actividades destinadas á Administración Pública
- Tarde 15:00 a 18:20 | Actividades destinadas ao tecido empresarial
03 de novembro de 2023
- Mañá 09:45 - 10:00 | Apertura da xornada por parte do Presidente da Xunta de Galicia
- Mañá 10:00 - 14:20 | Actividades destinadas á cidadanía
- Tarde 16:00h a 17:30h | Espazos técnicos de exposición
Actividades simultáneas ao programa principal:
02 de novembro de 2023
- 10:00h a 12:00h | Obradoiro práctico “Instalación e configuración de Snort sobre raspberry pi para a detección de intrusións en redes industriais”
- 12:00h a 14:00h | Obradoiro práctico “Escalada de privilexios e persistencia en sistemas Linux”
- 16:00h a 19:00h | Concurso Capture The Flag (Patrocina: Gradiant)
03 de novembro de 2023
- 10:00h a 12:00h | Obradoiro práctico “Automatización de ataques e emulación de adversarios con MITRE Caldera”
- 11:30h a 13:30h | Conecta Senior (Patrocina: Telefónica)
- 12:30h a 14:30h | Obradoiro práctico “Adquisición de evidencias para análises forense informático”
O programa podería estar suxeito a leves cambios.