Ciberseguridade na era da Intelixencia Artificial Xenerativa

11:30 - 13:00

En liña
Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Google, empresa adherida a CIBER.gal, e INCIBE, entidade fundadora de CIBER.gal.

A actividade consiste nunha charla-obradoiro con demostración dirixida a pemes, cuxo propósito é explorar o mundo da ciberseguridade desde diversas perspectivas. 

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Analizaranse os tipos de ataques máis comúns, as técnicas empregadas polos ciberdelincuentes e as medidas básicas de protección que todos podemos implementar.
  • Profundarase no papel da intelixencia artificial xenerativa neste ámbito, tanto como ferramenta utilizada nos ataques como nas estratexias de defensa.
  • Incluiranse demostracións prácticas baseadas nalgúns dos produtos desenvolvidos por Google na súa sede de Málaga.

O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 90 minutos.

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.