Pazo Provincial, Deputación de A Coruña, Sala Juanjo Gallo
Gradiant, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza xunto a Garrigues e co apoio da Amtega, o Ciclo de sesións sobre ciberseguridad e identidade dixital. Ademais, o Ciclo conta coa colaboración da Deputación da Coruña, socia fundadora do Nodo.
A primeira sesión desenvolverase o vindeiro xoves 2 de maio de 11:30h a 13:30 horas na Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial da Deputación da Coruña, e repasará as principais normas que regulan a gobernanza da ciberseguridade e as obrigacións que as empresas deberán asumir conforme á recente normativa europea.
A sesión contará coa participación de entidades adheridas ao Nodo CIBER.gal como ABANCA e Hijos de Rivera e transcorrerá da seguinte forma:
- 11:30h | Apertura
- José Ramón Rioboo Castro - Deputado provincial presidente da Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance Dixital
- Nicolas Santos - Socio responsable de Garrigues en Galicia
- Luis Pérez Freire - Director Xeneral de Gradiant
- 11:50h | Mapa da ciberseguridade na UE
- Alejandro Padín - Socio de Garrigues, Área de Economía do Dato, Privacidade e Ciberseguridade
- 12:10h | Normativas de gobernanza
- Regulamento DORA
- Roberto Baratta - Director of Loss Prevention, Business Continuity and Security & DPO de ABANCA
- Directiva NIS2 – repercusións en empresas obrigadas
- Carlos López - Responsable Risco Dixital de Hijos de Rivera
- 13:00h | Proxecto de Esquema Nacional de Seguridade de Redes e Servizos 5G
- Juan González - Director de Seguridade e Privacidade de Gradiant
- 13:20h | Peche
- (información sobre as dúas seguintes sesións)
As inscricións a esta primeira sesión están abertas ata o 30 de abril ás 12:00h na seguinte ligazón: https://www.gradiant.org/jornadas-ciberseguridade-identidade-dixital/