Gradiant, membro do Nodo CIBER.gal organiza con Garrigues e co apoio de Amtega o Ciclo de sesións sobre ciberseguridade e identidade dixital

Imaxe

Gradiant, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza xunto a Garrigues e co apoio da Amtega, o Ciclo de sesións sobre ciberseguridad e identidade dixital. Ademais, o Ciclo conta coa colaboración da Deputación da Coruña, socia fundadora do Nodo.

Este ciclo de sesións enfócase en analizar o panaroma regulatorio da ciberseguridade tanto a nivel europeo como a nivel nacional. O ciclo comprende tres sesións que abordarán temas de gran relevancia, como a Directiva NIS2, o Regulamento DORA, a ciberseguridade e a súa relación coa intelixencia artificial, a Lei de Ciberresiliencia da Unión Europea, a identidade dixital e a privacidade, o mercado de datos, entre outros.

A primeira sesión desenvolverase o vindeiro xoves 2 de maio de 11:30h a 13:30 horas na Sala Juanjo Gallo do Pazo Provincial da Deputación da Coruña, e repasará as principais normas que regulan a gobernanza da ciberseguridade e as obrigacións que as empresas deberán asumir conforme á recente normativa europea.

A sesión contará coa participación de entidades adheridas ao Nodo CIBER.gal como ABANCA e Hijos de Rivera e transcorrerá da seguinte forma:

  • 11:30h | Apertura
    • José Ramón Rioboo Castro - Deputado provincial presidente da Comisión de Facenda, Especial de Contas, Recursos Humanos e Avance Dixital
    • Nicolas Santos - Socio responsable de Garrigues en Galicia
    • Luis Pérez Freire - Director Xeneral de Gradiant
  • 11:50h | Mapa da ciberseguridade na UE
    • Alejandro Padín - Socio de Garrigues, Área de Economía do Dato, Privacidade e Ciberseguridade
  • 12:10h | Normativas de gobernanza
  • Regulamento DORA
    • Roberto Baratta - Director of Loss Prevention, Business Continuity and Security & DPO de ABANCA
  • Directiva NIS2 – repercusións en empresas obrigadas
    • Carlos López - Responsable Risco Dixital de Hijos de Rivera
  • 13:00h | Proxecto de Esquema Nacional de Seguridade de Redes e Servizos 5G
    • Juan González - Director de Seguridade e Privacidade de Gradiant
  • 13:20h | Peche
    • (información sobre as dúas seguintes sesións)

As inscricións a esta primeira sesión están abertas ata o 30 de abril ás 12:00h na seguinte ligazón: https://www.gradiant.org/jornadas-ciberseguridad-identidad-digital/

O ciclo completarase coas seguintes 2 sesións:

Sesión 2 (15 de maio de 2024 - Santiago de Compostela): Mapa da ciberseguridade na UE. CRA e directivas sobre responsabilidade en IA (produtos defectuosos e responsabilidade extracontractual). Ciberseguridade e intelixencia artificial.

Sesión 3 (13 de xuño de 2024 - Vigo): Identidade dixital e privacidade: EIDAS 2. Carteira dixital europea e certificación dixital nos negocios. Mercados de datos Regulamento de Gobernanza de Datos (DGA) e Regulamento de Datos (DA).

Información relacionada