Imaxe
Todo o día
Gradiant, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza xunto a Garrigues e co apoio da Amtega, o Ciclo de sesións sobre ciberseguridad e identidade dixital. Ademais, o Ciclo conta coa colaboración da Deputación da Coruña, socia fundadora do Nodo.
A segunda sesión desenvolverase o 15 de maio de en Santiago de Compostela e abarcará os seguintes temas: Mapa da ciberseguridade na UE. CRA e directivas sobre responsabilidade en IA (produtos defectuosos e responsabilidade extracontractual). Ciberseguridade e intelixencia artificial.
As inscricións a esta segunda sesión están abertas ata o 14 de maio ás 12:00h na seguinte ligazón: Ciclo de sesións sobre ciberseguridade e identidade dixital.